Knoppix

knoppisKnoppix é un LiveCD ou un LiveUSB Linux que contén un sistema Linux completo dende o que podes arrancar o PC.
Knoppix pode ser utilizado como CD de rescate, por exemplo para recuperar os teus arquivos cando Windows non queira iniciar.

Unha vez copiado o usb live con Knoppix é necesario modificar o ficheiro isolinux.cfg e engadir o ficheiro de teclado es.kbd, para que dese modo o usb arranque en español automaticamente. Estes ficheiros están dentro do cartafol: /boot/isolinux. O ficheiro de teclado español e o ficheiro de configuración pódense descargar dende aquí.

Tamén hai que modificar o arquivo syslinux.cfg que está na raíz do LiveUSB. Todas as liñas que poñen: lang=en hai que poñer: lang=es.