Cámaras

¿Que cámara dixital comprar?

Elixir unha cámara dixital é unha tarefa complicada para quen non está familiarizado coa fotografía e os seus termos.
!Menudo dilema! Ás veces é difícil elixir se se está un pouco perdido.
Unha decisión acertada depende máis de ter claro para que imos utilizar a cámara que de coñecer as prestacións de todas as cámaras do mercado. E xorden mais preguntas: Que tipo de fotos imos facer? Que uso ímoslle dar ?


Se queres que ocupe o menos posible e poder levala a calquera parte deberías escoller unha ultra-compacta, este tipo de cámaras serven fundamentalmente para facer fotos en modo automático e unha serie de modos predefinidos: retrato, neve, praia, lumes artificiais, panorámica, etc.

Se queres facer fotos con control manual de velocidade de obturación e apertura de diafragma deberías comprar unha compacta.
Se queres que teña un maior numero de aumentos e ópticas de maior calidade temos no mercado as compactas SLR tipo réflex. Ademais dos requisitos tradicionais dun obxectivo (luminosidade, que non provoque distorsións, etc.), a presenza dun estabilizador óptico é máis que recomendable. Máis importante mesmo que o número de aumentos é a calidade da óptica. O zoom dixital non debería ser nunca un factor a ter en conta. Un zoom dixital permite recortar o campo cuberto e aumentar así a imaxe. Pero a ampliación non se realiza por medios ópticos senón a través de software. A imaxe orixinal auméntase por interpolación. Este tipo de zoom, se ben pode aumentar moito a imaxe, non produce fotografías de calidade.
O zoom óptico é, un obxectivo que permite variar a distancia focal e polo tanto abranguer maior ou menor campo visual. A imaxe a fotografar fórmase mediante o sistema de lentes que forman a óptica.

E se o que buscas é as máximas prestacións tes que comprar unha SLR réflex.

Y si lo que buscas es las máximas prestaciones tienes que comprar una SLR réflex. Outros factores a ter en conta:
Os megapixeis, moita xente asocia máis megapixeis a maior calidade, o cal é mentira, hai cámaras de 5 megapixeis que fan mellores fotos que outras de 10.
Sabias que 2 megapixeis son suficientes para imprimir unha foto de 10 x 15?
Se queres gozar dun rango focal suficientemente amplo para enfrontarte a todo tipo de escenas, a óptica é outro criterio a ter en conta.

 

Inicio Cámaras Equipo Reglas de ouro Técnicas Trucos Laboratorio Dixital Fotos