Arranque dual

Teño un arranque dual de Windows 10 e Linux Fedora no meu equipo, e hoxe, despois de actualizar a instalación de Windows 10, saíume un aviso de grub como se ve na seguinte imaxe.  Para corrixir MBR e restaurar o BCD en Windows  10  Primeiro debemos introducir un DVD ou USB con Windows 10 (https://www.microsoft.com/en-us/software-download/windows10)
Iniciar o equipo desde esta unidade de instalación. Facer clic en Reparar para entrar nas opcións de reparación e seleccionar Reparar arranque. Se falla iniciar, volvemos ás opcións de reparación e seleccionamos o símbolo de sistema, logo escribimos os seguintes comandos, lembra pulsar Enter tras cada comando.
bootrec /fixmbr
bootrec /fixboot
bootrec /rebuildbcd
Pechamos o símbolo de sistema, reiniciamos o equipo, e xa podemos arrincar de novo o  sistema de Windows.
Agora fáltanos que arrinque o grub, para iso arrincamos desde un liveCD de GNU Linux.
Como root tecleamos o comando # fdisk -l e devólvenos algo así:
Aparecerannos todos os discos que teñamos no noso sistema, o que está marcado cun asterisco *, é o principal (neste caso sda), o resto, poden ser ou particións ou discos físicos. Procedemos a montar a partición onde está instalado Fedora, escribimos na Terminal: # mount /dev/sda5 /mnt/boot, Logo, é necesario facer unhas montaxes adicionais dos cartafoles pts, proc, e sys que conteñen información relevante neste proceso. Para iso, feixe uso dos seguintes comandos:
# mount –bind /dev /mnt/dev
# mount –bind /dev/pts /mnt/dev/pts
# mount –bind /proc /mnt/proc
# mount –bind /sys /mnt/sys
Logo facemos un chroot en /mnt: # chroot /mnt, e por último volvemos instalar GRUB 
# grub2-install –boot-directory=/boot/ –recheck /dev/sda
# grub2-mkconfig -o /boot/grub/grub.cfg
Onde /dev/sda é a ruta asignada para o noso disco ríxido que neste caso vén ser aquel con a designación sda.
E listo! Nada máis sería pechar a shell e iniciar o computador e observaremos que temos novamente o GRUB de Fedora coa lista dos OS dispoñibles.