Enxertos

O enxerto consiste en unir unha parte dunha planta a outra. O resultado é un individuo autónomo formado por 2 plantas diferentes. O enxerto é tamén o mellor xeito de salvar unha árbore que foi danada ou rota.

Enxerto con tesoura

  • tixeira-2Suxeitamtixeira-1os a rama receptora coa tesoira e apertamos  os cabos para producir o corte. Repetimos o proceso na rama de inxertar.

 

  • rama-empatadarama-unidaIntroducimos a rama a inxertar no sulco da receptora e axústeo o mais posible. Si foran de tamaños diferentes axuste só un lado.
  • Poñemos masilla cicatrizante na xunta de unión para previr infeccións e fíxámola con cinta adhesiva.
  • Cortamos coa tesoura as ramas inúteis da pranta.

Para afiar a tesoura de podar con afiador de carburo de tungsteno. É importante manter o mesmo angulo da folla de corte ao afiar. Pasar o afiador dende o eixe da folla ata a punta de 4 a 5 veces. Despois pasar o afiador por o lado plano da folla una soa vez para retirar calquera imperfección ao afiar. Para rematar pasar una gota de aceite para evitar que se aferruxe

afilado-2 afilado-1 engrasado

Enxerto de fenda dobre

  • Elíxese o patrón e córtase á altura onde se vai practicar o enxerto.Pua
  • Eliximos dúas xemas dunha vara do mesmo ano e cortámolas en forma de cuña, sempre polo costado contrario de onde están as xemas.
  • Cortamos a metade en sentido lonxitudinal, cun  machado pequeno cunha abertura duns 7-8 cm. a partir do corte cara á base do madeiro o suficiente para que encaixen as dúas púas.
  • Introducimos unha cuña metálica ou de madeira para abrir o lugar onde imos colocar as púas coas xemas. Os golpes para introducir pódense facer cun martelo ou un anaco da árbore cortada.
Patron cortado Fenda coa macheta Cuña metalica Colocando as puas
  • Coa navalla de enxertar ben afiada limpamos o po ou serraduras que tivesen podido caer na parte onde irán as púas.
  • Colocamos as púas nos extremos da fenda procurando que queden as codias
    ben aliñadas coas do patrón.
  • Atamos cunha tea moi mesta ou rafia e cubrimos ambas as dúas gretas coa tea ata o máximo posible apertando fortemente en cada volta.
  • Enzoufamos e cubrimos enriba do patrón, arredor dos enxertos e a tea ata cubrir e tapar todas as gretas cunha pasta quente a base de de cera virxe, parafina e manteiga de porco. Tamén se pode usar pasta cicatrizante, e despois da tea encintar con cinta aislante.

Pasta cicatrizante

Enxerto rematado

 

 

 

 

Enxerto despois duns anos

Enxerto despois de varios anos