Licores

Licor de follas de guindeira

follas

Ingredientes:

  • 1 litro de augardente de Portomarin – Galizafollas
  • 33 follas verdes de guindeira
  • ½ kg. de azucre

Preparación:
Poñer nun envase aberto unha base de augardente e, por enriba, as follas de guindeira cortadas á metade, durante 12 días. Neste tempo débese remexer cada pouco (cada día ou dous).
Logo disto, débense quita-las follas e engadi-lo azucre. Esta mestura débese remexer até que o azucre estea disolto.
Filtrar e embotellar
Feito en Galiza

Licor de viño

vinhoIngredientes:

  • ¼ kilo de azucre
  • ¼ litro de auga
  • ¾ litro de viño tintoetiqueta4
  • ½ vaso de augardente de Portomarin
  • 1+½ pizca de extracto de vainilla

Preparación:

Débese facer un almíbar con azucre e auga. Unha vez frío xuntar o viño coa augardente e engadir a vainilla (tamén se pode engadir ao almíbar) e o almíbar, embotellar, e xa está.

Débese tomar máis ben frío.
Orixe Caldas da Rainha (Portugal)

Licor de mazá

maza

Ingredientes:

  • 1 litro de augardenteetiqueta3
  • 8 maza grandes
  • ½ Kilo de azucre

Preparación: 

Nun frasco de boca ancha introducímo-las mazás e a augardente. Co azucre facemos un almíbar espeso e vertémolo no frasco. Revolvéndose dous ou tres veces ao día.

Deixar macerar seis meses.
Filtrar e embotellar.

Licor café

I2botellangredientes:

Para 4 litros de augardente de Portomarinetiqueta

  • 1 Kg. de azucre
  • 400 grs. café natural
  • mondas dunha laranxa
  • 3 estrelas de anís, da botica

Preparación:

Bótanse dunha pota, augardente, azucre, as estrelas de anís, e a monda de laranxa, todo xunto para desface-lo azucre; bótase o café moído, e mezclase todo revolvéndose dous ou tres veces ao día, durante oito ou nove días.Colalo ben cun pano para embotellar.

Licor de dulce de leite

leiteIngredientes:

  • 1 kilo de azucre
  • 1 litro de augardente
  • 1 litro de leite
  • 1 limón
  • 1 pouco de vainilla

 

 

Preparación:

Colocar nunha vasilla a augardente e o azucre, agrega-lo limón cortado en rebandas e a vainilla cortada en trazas pequenas. Incorporar por último o leite e revolver cunha culler de madeira. Tapa-lo recipiente e deixar repousa-la preparación durante 15 días, revolvéndoa 2 veces por día. Colar nunha gasa e pasa-lo líquido por un filtro de papel

OLLO a non emborracharse porque parece suave pero…..

Inicio Licores  Combinados Receitas     Outros  Sidra Viño Cervexa Vinagre