A función live view
A función Live View ou visión en vivo resulta tan natural para quen utiliza unha compacta, que sorprende que se defina como unha novidade nas réflex máis avanzadas.
O modo de imaxes en directo permite facerse unha idea do que acontece arredor da escena que se está a gravar. Isto permite comprobar os movementos dos suxeitos protagonistas da gravación e seguilos nas tomas.
Este modo facilita a captura de imaxes dende posicións dificultosas ou dende un trípode: a visión pódese ampliar 5 ou 10 veces para axudar ao enfoque manual; a exposición e a profundidade de campo pode comprobarse e axustarse antes de tomar a fotografía. Se dispoñemos de pantalla abatible permítenos facer fotos rente o chan ou por enriba da cabeza.
A regra dos tercios
A regra dos terzos é, probablemente, o primeiro recurso compositivo que un aprende en fotografía. E probablemente tamén, é o primeiro en aprenderse polo sinxelo de aplicar á vez que efectivo nos seus resultados.
Esta regra procede da pintura renacentista do século XVI. O seu obxectivo era evitar que o centro de interese estivese colocado no centro o que daría á imaxe un menor dinamismo e equilibrio.
Dividindo a fotografía en tres partes iguais, tanto horizontal coma verticalmente, os puntos de intersección das liñas trazadas son os chamados centros de atención.
O fundamento práctico da regra dos terzos é colocar elementos importantes das nosas fotografías nesas liñas imaxinarias ou na intersección destas. Desta forma conseguimos composicións máis equilibradas, dinámicas e atractivas visualmente.
Medir a luz
Para medir a luz apúntase a cámara á escena e o exposímetro realiza unha media entre as zonas de sombra e as de luz, e propón unha relación de tempo-diafragma idónea para unha correcta exposición, en función do tipo de sensibilidade que se elixise.
Aínda que as cámaras teñen un exposímetro interno, para controlar a exposición das fotografías é moi útil aprender a utilizar un externo.
A medición da luz na fotografía é moi importante, de aí a gran variedade de fotómetros que podemos encontrar no mercado. Aínda que o fotómetro adoita ser utilizado por profesionais, existen algúns que son accesibles ao fotógrafo afeccionado.
O exposímetro no modo luz incidente permite medir zonas de luz e de sombra para logo facer unha medida que permita seleccionar a exposición máis axeitada.
O método correcto para efectuar unha medición exacta consiste en apuntar alumisfera do exposímetro dende o obxecto que se vai fotografar cara á cámara e máis concretamente cara ao eixe óptico.
Ter a cámara a punto
Para evitar situacións desagradables cando esteas a facer fotos. Tan só tes que revisar a configuración da túa cámara e seguir uns pequenos pasos.
Baixa o ISO ao mínimo, pon a cero o axuste da exposición, axusta o balance de brancos, o modo de medición, e o modo de calidade da imaxe que adoitas utilizar (RAW, JPG..) e desactiva o modo bracketing.
Bracketing consiste en realizar varias fotografías seguidas variando a configuración da apertura do diafragma ou a velocidade de obturación e así dispoñemos dunha mesma foto con distintos niveis de exposición. Algunhas cámaras dixitais dispoñen dun botón ou opción específicos no menú.
Se vas saír de viaxe non esquezas coller: A cámara, as baterías, as tarxetas de memoria, o cargador, o flash, as pilas do flash, o cargador das pilas do flash, o trípode de peto, o trípode ou monopie, o disparador remoto,a baeta, os obxectivos e filtros e, se a viaxe vai ser longo, tamén deberías levar un disco duro ou un portátil. O día antes carga as baterías da cámara e baleira as tarxetas de memoria.
E antes de disparar, revisa o formato de saída, a sensibilidade ISO, o axuste da exposición, o balance de brancos, o modo bracketing e o modo de medición da luz.
Balance de brancos
Un dos parámetros máis importantes en fotografía dixital, é o correcto balance de brancos. O balance de brancos é unha función que axusta o ton da cor da forma máis realista posible. O ton da cor do motivo cambia en función das características da fonte luminosa.
Non é o mesmo fotografar un día anubrado, un atardecer dun día despexado, en interior ou pola noite. Esa diferenza é a temperatura da cor.
A temperatura de cor é o método usado para cuantificar a cor da luz. Exprésase en Kelvins. Por exemplo, a luz do día ten ao redor de 6.500 Kelvins.
A luz cálida ten unha temperatura de cor baixa, este é o caso do atardecer, que ten arredor duns 4.000 K. A luz fría ten unha temperatura de cor máis alta. As noites con luz azulada teñen ao redor de 7.500 K. Polo tanto, canto máis cálida sexa a luz máis baixa será a temperatura de cor e canto máis frita, máis alta a temperatura de cor.
As cámaras dixitais contan con varios sistemas de balance de brancos. Normalmente, a modalidade cromática (AWB) a cámara detecta automaticamente unha fonte luminosa e axusta os tons da cor, é perfecta para un uso xeral.
Nunha escena onde a luz ambiental proceda de varios tipos de fontes luminosas, é recomendable a utilización do balance de brancos personalizado para reproducir fielmente a brancura.
As modalidades preestablecer (luz diúrna, anubrado, tungsteno, fluorescente, etc) permiten conseguir doadamente bos resultados en sutuacions previsibles.
O proceso de balance de brancos non é tan imprescindible cando se toman as fotos en RAW, posto que este formato permite a corrección posterior sen pérdia de calidade.
Inicio | Cámaras | Equipo | Reglas de ouro | Técnicas | Trucos | Laboratorio Dixital | Fotos |