O cogombro, Cucumis sativus, é unha planta anual que pertence á familia das cucurbitáceas. É un cultivo habitual no horto de primavera e verán, e a pesar de que ás veces poida resultar complexo o seu cultivo, resulta dos máis gratificantes e produtivos cando facemos as cousas ben.
Sembra e transplante
No mes de marzo efectuamos a sembra en invernadoiro en tiestos de truba con 2 sementes por maceta, (se nacen as dúas, deixamos a que mellor aspecto ten e refugamos a outra), transplantar no terreo de cultivo a finales do mes de maio e non antes por risco de xeadas e deixar unha separación entre plantas de 80 cm. Poñer guías ou titores para que a planta creza recta.
Necesitas un chan cunha boa drenaxe e un pH entre 5,5 e 6,8. Por tanto un bo substrato é
indispensable. Tamén é esencial aplicar unha boa dose de humus de minhoca ou compost no chan, xa que son moi esixentes en nutrientes. Ao cogombro gústalle a calor e necesita unha rega regular pero limitado. Recollense aos 3 meses, no verán e outono de xuño a outubro, cando os cogombros alcancen o tamaño dun dedo pulgar.
Recolección e conserva:
O primeiro que fai falta é colleitar os cogombros. Faise cando a flor xa deixa de estar amarela e luminosa e convértese nunha flor branca marchita, débense lavar con auga fría e hai que fregalos coa xema do dedo pulgar para retirar os posibles pinchiños.
Cos tarros ben limpos e esterilizados, hai que introducir os cogombros neles. Engádese unha pizca de sal, un dente de allo, unhas pimentas e unha mestura de auga e vinagre de mazá a partes iguais .
Pechar moi ben e etiquetar coa data de envasado. Ao cabo dunhas seis semanas xa estarán listos para comer.