Para saber que versión está instalada na nosa pc, tecleamos na terminal: $ lsb_release -a
Para saber que versión de kernel temos, tecleamos na terminal: $ uname -r
Para saber onde está instalado o MBR dende a terminal escribimos o comando: $ sudo fdisk -l
Para deter un programa en execución
Presionamos a combinación de teclas “Ctrl+C“. Por exemplo, cando non termina a sua execución ou está bloqueado.
Para poñer o teclado en español
$ setxkbmap -layout es (de forma temporal)
$ localectl set-keymap es (de forma permanente)
Cambiar o contrasinal dun usuario
$ sudo passwd tito
Eliminar un usuario
$ userdel -r pepe
Comando date – sintaxe usuario@Linux:~$ date – exemplo $ date
Dános a información da data, hora, día, mes e ano.
Comando cal – sintaxe usuario@Linux:~$ cal -y(mes) (ano) exemplo: $ cal 3 2014
Mostra o mes de marzo de 2014
Comando cat – sintaxe usuario@Linux:~$ cat arquivo exemplo $ cat faena.txt
Móstranos o contido do arquivo faena.txt
Comando cd – sintaxe usuario@Linux:~$ cd/ruta exemplo $ cd/Taboleiro
Sitúanos na cartafol Taboleiro.
Opcions: cd .. retroceder un nivel, cd ../.. retroceder 2 niveis, cd ir ao directorio raiz, cd – ir (regresar) ao directorio anterior.
$ pwd mostrar o camiño do directorio de traballo.
Comando fdisk -l – sintaxe usuario@Linux:~$ fdisk -l
Listar as unidades que están conectadas á computadora. tamén se pode facer o mesmo co comando: $ ls -1 /dev/sd*
Comando mkdir – sintaxe usuario@Linux:~$mkdir aplicacions
Crea o directorio denominado aplicacions
Comando mount – sintaxe usuario@Linux:~$ mount [sistema de ficheiros][lugar][punto de montaxe] exemplo: sudo mount -t ext4 /dev/sda1 /media/disk
Montará a particion sda1 con sistema de ficheiros ext4 no directorio /media/disk
$ sudo mount /dev/sda1 /media/pendrive/ Montará un pendrive.
Se montasemos un DVD sería algo así: usuario@Linux:~$ sudo mount -t iso9660 /dev/sr0 /media/cdrom
Exemplo: usuario@Linux:~#mount -t vfat /dev/sdb /mnt/usb
Montar o dispositivo como root: A palabra mount indica montar. Co parámetro -t vfat estamos a especificar que o sistema de arquivos a montar é do tipo FAT. /dev/sdb é a partición do noso dispositivo USB e /mnt/usb é o directorio en que se montará o contido da partición /dev/sdb do noso dispositivo USB.
Para desmontar algo simplemente: usuario@Linux:~$ sudo umont DIRECTORIO exemplo: $ sudo umont /media/disk
Comando chmod – sintaxe usuario@Linux:~$ chmod (opcions) arquivo exemplo $ chmod +x arquivo.bin
Está a dar permisos de execución a arquivo.bin
Este comando permítenos cambiar os permisos de acceso a un arquivo.
Opcións » + » permite acceso » – » negar acceso
Os tipos de acceso que pode ter o arquivo están controlado polas seguintes opcións:
«r«para lectura «w«para escritura «x«para executar.
Limpa todo o contido da pantalla. Tamén podes empregar Ctrol+L
Copia o arquivo tarefa.txt ao directorio Documentos.
Opcions: $ cp * /traballo » Copia todo o que contén o cartafol onde nos encontramos ao directorio traballo
$ cp -R Cartafol /traballo « Copia toda a carpeta, inclusive se ten subdirectorios.
Para o proceso 1234
Para saber o seu PID (Process ID) pódense utilizar utilidades como ps (ps -A ou ps -aux servirán) ou top.
Móstranos os arquivos e directorios que conteña a carpeta Música.
Opcións: $ ls -l móstranos os directorios e arquivos en lista.
$ ls – a Permite ver as carpetas e arquivos que están ocultos
$ ls -la Mostra os directorios e arquivos con detalle, incluíndo os ocultos
wget é unha ferramenta que nos permite de forma automática descargar un sitio web e toda a súa árbore de directorios, arquivos, imaxes, ficheiros CSS… ao noso disco duro, co obxecto de poder navegar por el de forma offline, sen rede.
-m descarga a web completa
-c continua a descarga.
-b continua a descarga aínda se saímos do terminal.
-p descargar todos os arquivos que son necesarios para mostrar correctamente unha determinada páxina HTML, incluíndo imaxes.
-U mozilla toma a identidade do navegador mozilla.
-o log.txt crea un logs coa saída de wget.
-e robots=off non descargar o arquivo robots.txt
–random-wait espera un tempo aleatorio entre descarga, para evitar entrar na lista de negra.
–limit-rate=30k limita a velocidade á que descarga 30k.
Reinicia o equipo. É equivalente a shutdown -r now
Parámetros: Por exemplo, en lugar de reiniciar agora mesmo o equipo (shutdown -h now), podemos decirlle que o reinicie en 10 minutos, así: reboot -r +10. Tamén podemos decirlle que se reinicie a unha hora determinada, por exemplo, ás 13:30, así: reboot -r 13:30
shutdown -h now
Para apagar o equipo podemos dispoñer de ata tres comandos distintos, que son: halt, poweroff , shutdown. Por suposto, pódense utilizar os parámetros de hora, como en reboot, tan solo cambiando -r por –h