Vinagre de mazá

O vinagre de mazá provén de Oriente, e posúe grandes propiedades, e efectos positivos para a saúde do organismo. Utilízase dende hai moitos anos para a limpeza, conservación de alimentos, como desinfectante da pel, para a tose, para destapar o nariz, para desinflamar as enxivas, para aliviar dixestións, para adelgazar, etc.

O vinagre empézase facendo igual que a sidra: Recóllense as mazás e almacénanse á intemperie durante 20 días, a si completamos a maduración.

Antes de empezar hai que lavar as mazás e todos os utensilios. Con todo listo comezamos. Picamos as mazás coa máquina de facer o viño, deixamos todo picado para o día seguinte,
Ao día seguinte comezamos a prensar, unha vez coada pasámola a unha envase coa boca grande, sen encher de todo, tápamola cun pano que permita que os gases da fermentación poidan expandirse. Hai que evitar os cambios bruscos de temperatura (o ideal será a 20ºC constantes), revolvemo unha vez ao día para que se osixene, coidando que non rompa nin se somerxa a capa de nata que aparece na superficie para que non morran as bacterias da fermentación que a conforman. O proceso de conversión  do mosto en vinagre, lévalle entre un e dous meses, recordando que a maior cantidade de osixeno, máis rapido se fabricará o vinagre. Cando xa se convertiu en vinagre, filtrase e embotéllase en recipientes de vidro escuro para que a luz solar non o estrague. O viangre resultante é vinagre de mazá puro sen refinar e se químicos, con todas as súas propiedades medicinais.

Inicio Licores  Combinados Receitas     Outros  Sidra Viño Cervexa Vinagre