Sidra

DSCN4676 DSCN4685 DSCN4683


A elaboración da sidra comeza coa recollida da mazá madura e seleccionada. Para obter unha boa sidra é preciso que o froito teña o grao de madureza axeitado. A mazá para sidra é máis ácida, substanciosa, dura, e tarda máis en madurar que a de mesa. A época de recollida en Galicia é polo San Froilan, en outubro.

Recóllense as mazás e almacénanse á intemperie durante 20 días, a sí completamos a maduración e a sidra será máis doce.
Antes de empezar hai que lavar as mazás e todos os utensilios. Con todo listo comezamos. Picamos as mazás coa máquina de facer o viño, deixamos todo picado para o día seguinte, a masa gaña en sabor doce e o prensado vai ser máis doado.
Ao día seguinte comezamos a prensar, unha vez coada pasámola a ao barril ou cuba.
Pasado un día, toda a mazá prensada removese e airéase cunha forquita e vólvese prensar, proceso que se repetirá dúas veces e espremer así todo o seu mosto. Se non se fixese esta operación, perderiamos case a metade da sidra.
Ademais de encher o barril hai que deixar zume para encher un recipiente duns 10 ou 20 litros para ir enchendo o barril segundo vai expulsando escuma e baixando o nivel debido á fermentación.
O barril non se pode tapar ata que deixe de expulsar escuma e remate o proceso de fermentación de máis ou menos 2 meses.
A sidra ten catro fermentacións diferentes e progresivas. A primeira fermentación é a que se vai producindo no tempo que tardamos en extraer o zume. A segunda é a que se produce no barril cando está cheo e comeza a expulsar polo burato superior escuma mesturada con impurezas, debemos apartala todos os días e encher coa sidra que reservamos para iso. A terceira fermentación é a que se produce co barril tapado, nesta fermentación depende o sabor final máis ou menos doce e o gas que terá. Nun tempo excesiva mente curto pódenos rebentar as botellas ou expulsar as cortizas cando estean corchadas, e un tempo longo deixará a sidra moi ácida, con dous meses teremos unha sidra doce e gaseada, con menos días será máis doce e escumosa, pero hai que poñer unha grampa a cada cortiza porque sairán disparados. A cuarta e última fermentación é a que se produce na botella cando xa está corchada, con ela a sidra adquire o seu sabor definitivo.
Para corchar as botellas deben encherse menos que as do viño, as cortizas teñen que ser naturais, poñemos auga a quentar, cando empece a ferver retiramos a pota do lume e botamos as cortizas, esperamos cinco minutos, remollándoos sen parar e empezamos a corchar e colocar no botelleiro.

Inicio Licores  Combinados Receitas     Outros  Sidra Viño Cervexa Vinagre