Avidemux é un software libre de edición e conversión de vídeo universal, con soporte para unha ampla variedade de codeces e formatos de audio e vídeo. Inclúe gran cantidade de elementos propios dos mellores programas de edición como a inclusión de marcadores para distinguir entre diferentes partes, a posibilidade de corrixir a desincronización entre audio e vídeo ou engadir numerosos filtros e correccións á imaxe para que o vídeo quede máis vistoso.
O seu deseño non está orientado a principiantes, pero non é demasiado difícil controlalo cun pouco de práctica.
Xirar un vídeos dobrado 90º, 180º, 270º
Abrimos o vídeo xirado con avidemux, facemos clic en Copy, clicamos en Mpge4 ASP, despois en Filters, dobre clic en Rotate, escollemos o angulo 90, 180 ou 270, dámoslle a Preview e se está ben clicamos en Close, a continuación File e despues Save, poñémoslle un nome e xa está e video endereitado.
Unir arquivos de vídeo
Primeiro: Abrimos a primeira parte do vídeo facendo clic no menú (File –> Open)
Segundo: Abrimos as seguintes partes do vídeo que desexes unir coa opción (File –> Append).
Finalmente, fai clic en (File –> Save) ou simplemente Ctrl + S para iniciar a combinación dos arquivos de vídeo engadidos, nun novo.