Combinados

Irish coffee

Ingredientes para 1 copa:

  • 25 ml Whiskey irlandés.
  • 1 taza de café quente.
  • 100 ml de crema de leite.
  • 2 culleradas de azucre moreno

Preparación:

O primeiro, imos preparar a nata ou crema de leite, para o que a batemos coas varillas ata que empeze a engordar, pero sen que chegue a converterse en nata montada. Nun cazo, quentamos o whiskey co azucre moreno ata que case chegue a ferver. Hai que usar whiskey irlandés, non whisky escocés.
Para servir un café irlandés adóitase utilizar unha copa alongada. Comezamos quentando as copas enchéndoas con auga quente e tirando logo a auga. Unha vez temos quentes as copas, poñemos nelas a mestura de whiskey e azucre ata chegar aproximadamente a un terzo do seu volume.
Preparamos o café ben cargado e engadímolo nas copas sobre o whiskey ata chegar case ata o bordo das copas. Despois, engadimos a nata espesa que batemos, deixando que se pose sobre o café, rematamos a copa espolvoreando un pouco de cacao, canela ou poñendo sobre a crema de leite uns grans de café liofilizado.

Un café irlandés tómase en pequenos sorbos apoiando a copa nos beizos e levantándoa co fin de que o tomemos sen mesturar a nata co resto de ingredientes.
A función da culleriña non é para mesturar os ingredientes senón para refrescar a garganta cando o whisky imprégnenola, tomando un pouco de nata.

 

Gin-tonic

O gin-tonic nace cando os soldados británicos desprazados á India comezaron a combinar a tónica coa xenebra para mellorar o sabor da primeira a cal tomaban para combater a malaria debido ás propiedades da quinina.

gintonicIngredientes para 1 vaso:

  • Ginebra  «Martin Miller’s»
  • 1 Tónica «Ferver Tree»
  • Unha tira ou duas da pel dun limón
  • Cardamono
  • Bagas de Xenebro
  • Flor de hibisco

Preparación:culleriñajigger

Utiliza unha copa de balón para percibir todos os aromas, arrefría o vaso cun pouco de xeo de forma previa. Deixa a copa así durante uns minutos e despois baleira a auga dos xeos derretidos.

Corta unha tira ou doas da pel dun limón ou dunha lima, colócaa no interior do vaso e bota a xenebra contando 1001,1002 e 1003. Agora verte a tónica pouco a pouco apoiando a botella nunha culler en espiral. Así consegues que a burbulla non rompa.

Para potenciar o sabor engádelle unhas bagas de xenebro, se queres darlle un toque floral e unha cor vermella rubí coloca 3 ou 4 pétalos de hibisco, e para conseguir unha sensación especiada, fresca e exótica aperta suavemente cos dedos un par de froitos de Cardomono, tamén se pode engadir calquera de estos botánicos: Kumquat, Pimenta de cubeba, Anis estrelado, Regaliz, Pimenta rosa, Vainilla, Pimenta de Xamaica e Pétalos de rosa.

O gintonic considérase un cóctel, non un combinado. Non se debe remover nin axitar, mestúrase só nuns poucos segundos. A súa vida útil é duns 15 minutos.

Gózao con moderación (recorda, é a túa responsabilidade).

O 19 de outubro celébrase a nivel mundial o Día internacional do gin-tonic.

Caipirinha

caipirinhaA caipirinha é unha bebida brasileira, elaborada con cachaça (augardente da cana de azucre), lima (limón se non hai lima..) , azucre moreno e xeo (picado). A cachaça pode ser substituída por ron ou vodka.

Ingredientes para 1 vaso:

  • 1 lima
  • 2 culler pequenas de azucre moreno
  • 60ml de cachaça

Preparación:

Utilizar un vaso de boca ancha. Incorporar primeiro o azucre, cortamos as limas en anacos utilízase un morteiro para sacar o xugo ás limas, (non é o mesmo espremer as limas, con este procedemento conséguese incorporar o sabor da pel da lima), engadimos a cachaça e bastante xeo picado. Debe beberse con palliña para consumir primeiro o fondo da bebida, pois todo o xugo da lima e o azucre pousase no fondo e pouco a pouco vaise mesturando coa cachaça.
Beber sen palliña non é recomendable, pois o sabor non é o mesmo, arriba queda toda a cachaça sen diluír e está bastante forte.

Gózao con moderación (recorda, é a túa responsabilidade).

Sangria

sangria

A sangría é unha bebida moi predominante en España e en Portugal, aínda que cada vez se expande máis a outras zonas do mundo, grazas a que é unha mestura realmente refrescante e saborosa, é por excelencia a bebida para os días de calor en verán.

Ingredientes:

  • 3 melocotons
  • 50 gr. de azucre
  • 5 cl. de coñac
  • 1 litro de viño tinto da casa
  • 1 rama de canela
  • 1 vaso de zume de laranxa
  • ½ vaso de zume de limón
  • 1 monda de limón cortada a metade

Preparación:

Pela-los melocotóns e partilos á metade, quita-lo oso e cortalos en rodas finas. Poñelos nun cacharro co azucre e a coñac.
Engadirlle o viño tinto, un vaso de zume de laranxa e ½ limón, a canela e a monda do limón.
Servir ben fría e cunha culler de madeira.

Feito en Galiza

Queimada

Queimada

Á queimada atribúenselle facultades curativas e afírmase que, tomada tras a pronunciación do conxuro, funciona como protección contra maleficios, ademais de manter aos espíritos e demais seres malvados afastados do que a bebeu.

 

Ingredientes:

  • 1 litro de augardente de Portomarin
  • 120 gramos de azucre
  • Alguns grans de café, e unhas cáscaras de limón
  • 1 laranxa

Preparación:

Nun cacharro de barro cocido bótase a augardente, o azucre, unha laranxa cortada en catro cachos, engádense unas cáscaras de limón e os grans de café.
Reméxese e plántaselle lume, cun cazo no que previamente lle botamos un pouco de azucre con augardente.Moi despacio, acércase o cacharro hasta que o lume pasa de un lado ao outro.
Removese hasta que o azucre de consuma.

Mentras se fai a queimada, apaganse al luces e recitase o conxuro


ConxuroConxuro:

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasnos e diaños, espritos das nevoadas veigas.

Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras.
Pobres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas. Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregon da morte, fouciño do satiro e pe do coello. Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.

Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida.

Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas. ¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas.

E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada.

Esconxuro:

Lume, lumiña, que verde camiña da fraga á lareira e faise lumieira lume de quentura; para anosa fartura, lume benzoada que arrodea a queimada.

Pingota de orvallo en folla de carballo; auga do fervedeiro para a masa do forneiro; cerqueira de lume sen trasno nin fume, nin bruxa chuchona nin meiga dentona.

Rolar muiñeiro, chiscar faisqueiro, moxena lumiosa, vagalume rosa, arco das vellas que aleda ás nenas; raioliña do lusco que morre no fusco.

Gózao con moderación (recorda, é a túa responsabilidade).

Orixe Galego

Inicio Licores  Combinados Receitas     Outros  Sidra Viño Cervexa Vinagre