Pan en forno de leña

Igredientes:

8 kilos de fariña, 4 litros de auga, unha taza de fermento, un pouco de levadura fresca, e sal.

Primeiro faremos o fermento a noite anterior, si non queremos facer o fermento podemos botarlle un quilo de masa de panadería.
Poñemos  nunha amasadora todo, ( a fariña, a auga, o sal, e o fermento,) ten que amasarse durante ½ hora.
Mentras se amasa podemos aproveitar para ir buscar unhas xestas verdes para facer un escobo para limpar o forno cando estea roxo.

Unha vez amasado botamos todo nunha tina, tapamos con un trapo, e deixamos levedar (ten que dobrar o seu tamaño) esta masa ten que repusar como unha hora mais ou menos.
Mentras repusa a masa encendemos o forno, e poñémolo o roxo.

Unha vez que a masa dobrou o tamaño, facemos bólas e a empanada, poñémolas nunha mesa cun pouquiño de fariña.
No momento no que o forno está listo varrémolo e só nos queda meter as bólas, a empanada (a empanada hai que taparla con un papel de forno) e pechar o forno, nunha hora sacamos a empanada e avalamos o pan, media hora máis tarde ou 3 cuartos de hora, sacamos o pan e listo.