A Capela do San Marco

san-marcoNa parroquia de San Miguel de Viville, a carón do monte do Páramo, é un dos santuarios de máis sona na terra de Sarria.

Vencellada na sua orixe, cecais, á Casa e Igrexa de «Sancti Adriani», das que se fala xa en documentos do Tombo de Samos dotados no seculo X, a Capela do San Marco foi un eremitorio onde se fixo vida de oración e de retiro.

Os tres sartegos existentes no penedo onde se asenta a edificación, e que os estudiosos datan cara os anos finais do século VIII, destacan o recinto como lugar de veneración.

Convertida a capela en santuario, atraéu durante séculos a relixiosidade das xentes comarcanas. A dificultade de acceso (a altitude é de 842 metros) e o estar lonxe dos camiños habituais, non eran obstáculo para que no día da sua Romaría fosen milleiros as persoas que alí acodían.

A bendición dos campos e dos froitos foi un rito anovado en cada primavera, e que significaba para a xente labrega o desexo de que os seus esforzos se visen recompensados.

A recuperación da capela e da sua imaxe fan posible que á grandiosidade do entorno e a beleza das vistas que desde alí se contemplan, se una a expresión don fondo sentimento relixioso de quen, aínda con dificultades, mantiveros as vellas tradicións.

capela Sartego Sartegos penedo

Notas históricas:

O Monte do Páramo que está delimitado polos ríos Sarria, Loio e Miño, foi na Idade Media lugar de asentamento de numerosos mosteiros (San Salvador de Rosende en Ortoá, San Mateu de Vilapedre, San Adrian de Monte do Páramo, Sismonde, Santa Cruz, Santa María, San Xoán de Loio e San Salvador de Cortes… )

O Monte Faro alcanza unha altitude de 876 metros, e na actualidade serve de emprazamento a diversos emisores de TV.

Nas proximidades de Monte de San Marco hai que destacar a Fonte de Santa Gracia, a Fonte de Santo Adrao («Sanctum Adriaanum in illo monte cum suo castro») e a existencia de referencias de asentamentos prehistoricos.

Na actualidade, dotado de bons accesos, o Monte de San Marco constitúe un fermoso Miradoiro natural, que permite contempla-las lonxanas serras de Ancares e O Caurel, Montes de Lózara, A Meda, O Iribio, O Faro de Chantada …

repetidor vista-1

vista-panoramica

A información contida aquí foi cedida por: Don José Somoza.