Trisquel

Trisquel

Trisquel GNU/Linux é unha versión do sistema operativo GNU que utiliza  kernel Linux-libre. Os principais obxectivos do proxecto son a produción dun sistema operativo totalmente libre, doado de usar, completo, e con bo soporte de idiomas. Trisquel 7.0 LTS, con nome en clave Belenos en referencia ao deus celta do Sol, está baseada en Ubuntu 14.04 LTS, polo que gozará do seu soporte ata 2019. Trisquel GNU/Linux empezou o seu camiño na Universidade de Vigo, presentouse oficialmente no Edificio Politécnico do Campus de Ourense no 2005, coa presenza de Richard Stallman como convidado, deu un emotivo discurso aos aqueles entón estudantes de informática.

Crear un lanzador no escritorio
O exemplo é lanzar unha aplicación de escritorio remoto. creado con: LeafPad

[Desktop Entry]
#Nome da aplicación
Name= A3_Ges
#Comentario que aparece o seleccionar o lanzador
Comment=Executar o Escritorio Remoto
#Comando a executar, xeralmente o nome da aplicación
Exec=rdesktop -n alias -T “Escritorio remoto” -k es – g 1280×1024 192.168.1.254
#Icono do lanzador, pode ser xenerico ou especificar a ruta do mesmo
Icon=usr/share/pixmaps ou sur/share/icons
#Para non abrir una terminal
Terminal=false
#Tipo de arquivo
Type=Application
#Codificación do texto
Encoding=UTF-8
#Categoria da aplicación
Categories=Network