Trucos

macro

A fotografía non é só técnica. Non todo é perfección e nitidez nos detalles. É máis, as boas ideas e as boas fotografías non dependen unicamente de ter a mellor cámara. Hai algunhas alternativas que permiten obter interesantes resultados con equipos moi económicos.

  • Se non temos un trípode nin un monope, con tres obxectos sinxelos podemos fabricar un: unha corda, un parafuso de ¼ » e unha vara de metal duns 10 cm máis ou menos.
    Cortamos un anaco de corda de aproximadamente, a mesma lonxitude da nosa altura, fixamos unha punta ao parafuso e o outro á vara de metal, o parafuso roscámolo á cámara no punto de suxeición do trípode, a vara deixámola no chan e pisámola para evitar que se mova, tensamos cara a arriba e xa temos un estabilizador de imágen moi cómodo, pouco peso, doado de transportar e económico.
  • Se queremos conseguir o efecto dun obxectivo ollo de peixe, podemos crear un co axexadoiro dunha porta pegándoa nunha cartolina negra e colocando a diante do obxectivo.
    Para facer unha fotografía a un grupo de xente dende arriba non fai falta ter unha escaleira, abonda con colocar a cámara nun monope por enriba das cabezas do grupo conectamos o disparador automático e teremos unha fotografía espectacular, e veranse mellor as persoas situadas na parte traseira do grupo.
  • Se non dispoñemos dun obxectivo macro, unha alternativa mais económica é:
    Un tubo de extensión, que se adapta entre o corpo da cámara e o obxectivo e que actúa reducindo a distancia de enfoque mínima e en consecuencia permite achegarse moito máis ao suxeito. A utilización do tubo de extensión implica o uso do enfoque manual dado que se desactiva a función Autofocus(AF)
    Outro sinxelo accesorio de grande axuda para a fotografía macro é o adaptador investidor do obxectivo. Consiste nun aro, enroscado no obxectivo permitindo inverter a posición do obxectivo, de forma que a montura queda mirando cara a fóra, mentres que a parte frontal o fai cara ao sensor. As distancias de enfoque están en función do obxectivo que invertésemos. Cun obxectivo de 50 mm amagnificación é aproximadamente o 80% do tamaño real, obxectivos de 35 mm ou 28 mm darán maiores ampliacións.
    Cando utilizamos o adaptador, na maioría de máquinas, a medición, ao axuste do diafragma e o enfoque hai que operalos de forma manual.
Inicio Cámaras Equipo Reglas de ouro Técnicas Trucos Laboratorio Dixital Fotos