Equipo

equipo-fotograficoO meu primeiro contacto coa fotografía dixital foi unha compacta Casio Exilim EX-Z1000, logo una Sony Cyber-shot DSC-H9 e un gran angular  VCLDH0774.AE, despois unha compacta Sony Cyber-shot dsc-TX1, logo pasei á reflex Sony Alpha DSLRA350 con un obxetivo zoom gran angular18/70 SAL 1870. AE, un zoom telescopico 75/300 SAL75300.AE, un teleconverter 2x, un Súper Gran Angular 0.42X HD con macro-ollo de peixe, un añillo macro extensión de 21 mm.,3 flitros AV – CPL – FL,  4 lentes macro +1D, +2D, +4D, +10D, un TTL AF digital flash, flash esclavo Metz 34 CS-2 digital, flash Strarblitz 322BTZ, difusor de Luz, un reflector 5 en 1 de 110 cm., una caixa de luz de 50 cm., un tripode manfrotto 190XPROB, 2 cabezales manfrotto 322RC2 – 804RC2, un monope, dous minitripodes Vanguard, 48 LED anillo de luz para macrofotografía, un  flash – flash anular 170mm., control remoto Sony RC-1000, un foco estudio de 35W 5400 k, un chaleco fotográfico, unha bolsa sony LCS-SC5, unha mochila Deviantart, unha impresora Epson Stylus Photo R340,  unha impresora HP Photosmart 375,e agora estou a probar aNikon Coolpix S9100. de momento é todo o equipo

da_pro_photo_bundle_by_deviantwear-d334hvpA mochila

A mochila ofrece numerosas opcións para gardar a cámara, obxectivos, trípode, cables, flash e demais accesorios. Para maior comodidade, os separadores de velcro permiten axustar e mesmo quitar os compartimentos segundo as necesidades.

O trípode

tripodeSempre é conveniente que o trípode sexa un pouco pesado, para que a cámara se asente ben sobre el. Comprar un trípode barato de aluminio e plástico pode derivar en que un pouco de vento tire a túa preciosa réflex ou cámara dixital ao chan, con consecuencias nefastas.
Os trípodes caros son un grande investimento, son un accesorio que manteremos seguramente durante moito tempo, por iso é frecuente encontrarse con trípodes de rótula intercambiable. Isto permítenos, ao cabo dun tempo, adquirir unha nova rótula se a actual xa non nos gusta.
en que situacións necesitamos un tripode?

  • Fotos de longa exposición (velocidade de obturación lenta)
  • Ao facer exposicións múltiples (porque necesitamos que o encadre sexa exactamente igual).
  • Fotos en situacións de pouca luz, sen flash.
  • Autorretratos e fotos en grupo (fotógrafo incluído)
  • Cando o obxecto a fotografar está moi afastado e estamos a usar un zoom (teleobxectivo).

A caixa de luz  (Softbox)

caixadeluz

A caixa de luz permite producir fotos de alta calidade ao iluminar os obxectos cunha luz suave e uniforme atenuando a luz para eliminar sombras ademais filtra a luz para reducir reflexos ou fulgores en obxectos brillantes.
A importancia da iluminación é sen sabida, e existen multitude de sistemas que non chega aos prezos profesionais e coa que se obteñen excelentes resultados.
A caixa de luz é ideal para fotografar obxectos brillantes ou con reflexos: catálogos, moedas, pins…
Unha caixa de luz filtra a luz para previr sombras e reflexos, e proporciona o fondo limpo e profesional a todos os produtos que desexemos fotografar.
O bo é que se poden utilizar con calquera fonte de luz, xa que, axudado dun trípode e realizando os axustes posteriores no balance de brancos para evitar as dominancias típicas da luz de tungsteno, podemos obter resultados moi bos sen necesidade dun equipo de iluminación bastante máis caro.

A iluminación

focodeluzÉ bastante obvio mencionar o importante que é a luz na fotografía, xa que sen ela seria imposible visualizar os obxectos e con isto facer unha imaxe dixital. Raramente fotográfanse obxectos con luz propia, o máis normal é captar a luz que reflicten. A luz pode provir de fontes naturais ou artificiais, e en cada caso posúe unha serie de características.
A luz natural é máis difícil de controlar pois cambia constantemente de intensidad,dirección, calidade e cor; coa luz artificial todos estes parámetros poden controlarse, pero resulta máis cara e incómoda de usar. A temperatura de cor refírese á cor dominante das diversas fontes que podemos usar en iluminación. Aínda que a luz pode ser de calquera cor entre o infravermello e o ultravioleta, hai dous estándares básicos de cor: 3.200 K (graos Kelvin) para lámpadas incandescentes de estudo, e 5.500 K para a luz diúrna. A maior temperatura de cor, os tons son máis azulados. A menor temperatura, as cores son avermelladas.
Da luz e a altura dende a que incide ten unha importancia decisiva no aspecto xeral da fotografía. Variando a posición da fonte, poden resaltarse os detalles principais e ocultarse os que non interesen. Da dirección da luz tamén depende a sensación de volume, a textura e a intensidade das cores.


oflashO flash anular
está deseñado para disparar a moi pouca distancia, foi creado principalmente para a fotografía macro. Está pensado para iluminar a escena cando se fotografa a poucos centímetros do suxeito, naquelas situacións nas que non é posible outro tipo de iluminación. Tamén se pode utilizar para facer retratos. Este flash dá a posibilidade deled-ring-light iluminar frontalmente o rostro para dar uniformidade, eliminar sombras molestas ou simplemente para engadir unha luz de recheo moi eficaz. Móntase arredor do obxectivo da cámara. Unha alternativa mais económica esel Ray Flash Ring o adaptador de flash en forma de Donut, axústase directamente aos flashes conseguindo unha iluminación perfecta e á vez moi dramática en todos os primeiros planos. Redireccionar a luz para que se converta nun anel, máis suave, menos directo, grazas ao seu deseño interno de prismas e reflectores, a luz do flash distribúese e proxecta de xeito uniforme, iluminando o obxectivo de modo que se luza en todo o seu esplendor e evitando fortes sombras.

O ollo de pez

ojo_de_pezO obxectivo Ollo de Peixe está moi ben para facer fotos en lugares onde está limitado o espazo. Algunhas veces non podemos incluír todo o que queremos nunha foto e é porque non podemos movernos cara a atrás o suficientemente lonxe para incluílo todo.
Algúns destes obxectivos distorsionan a perspectiva das liñas dunha imaxe, facendo que se curven cara a fóra.

Inicio Cámaras Equipo Reglas de ouro Técnicas Trucos Laboratorio Dixital Fotos