Fotografía


Fotografía
significa «escribir con luz» a calidade e cantidade da luz son determinantes para conseguir unha boa fotografía. A cantidade de luz que ten que chegar ao sensor baséase na mellor combinación de tempo de exposición e diafragma.

Cómo suxeitar la cámara

Suxeite a empuñadura da cámara cunha man e o obxectivo coa outra.
Separe os pés a unha distancia equivalente ao ancho dos ombros para manter unha postura firme.
Coloque os cóbados contra o corpo. Se toma imaxes de xeonllos, apoie un dos cóbados sobre o xeonllo para estabilizar a parte superior do teu corpo.
Cando se toma unha fotografía, a man, o brazo, o corpo e a cara teñen que ser todo un coa cámara, para ter o control absoluto sobre ela.

Diafragma

dsc008591É o responsable do paso da luz a través do obxectivo (o seu funcionamento é parecido á pupila do ollo) o seu diámetro é máis pequeno cando hai moita luz, e máis grade cando hai escasa luminosidade, a regulación se produce mediante un sistema mecánico formado por unhas cantas laminas. O diafragma indícase con valores enteiros (f/2, f/4, f/8, f/16, f/32…) e por fraccións de 1/3 destes valores, que aparecen indicados no anel do diafragma. O diafragma ademais de deixar pasar a luz é o encargado de regular a profundidade de campo, é dicir, a amplitude da zona de nitidez dunha imaxe. Un diafragma pechado con valores f/16, f/32 ou superior garante unha maior profundidade de campo, mentres que un diafragma aberto f/2, f/4 ofrecerá unha profundidade de campo máis limitada.

Obturador

É o mecanismo que permite o paso da luz, dende o obxectivo ao sensor cun intervalo de tempo preestablecido.
Con boa iluminación a velocidade de obturación será alta, é dicir: o obturador abrirase e pecharase moi rápido; permanecendo aberto menos de dúas milésimas de segundo (menos de1/500 de segundo).
Con iluminación escasa necesítase unha velocidade lenta, o sensor ten que estar máis tempo exposto á luz. O obturador permanece aberto máis de tres centésimas de segundo (por exemplo 1/30 ou 1/15 de segundo).
A escala dos diferentes tempos de exposición, expresados en segundos e fraccións de segundo, adoita ser: 2 segundos, 1, 1/2, 1/4, 1/8, 1/15, 1/30, 1/60, 1/125, 1/250, 1/500, 1/1000, 1/2000 e 1/4000.

Sensibilidad ISO


dsc00849ISO
é a configuración da sensibilidade do sensor con respecto á luz.
A sensibilidade á luz exprésase mediante o número ISO. Canto maior é o número, máis alta é a sensibilidade. Os baixos iso (100-200) utilízanse para todas as situacións de iluminación normal, mentres que os ISO 400-800 ou máis úsanse en casos de iluminación escasa, coa conseguinte perda de calidade da imaxe, que presentará un efecto chamado ruído.
O ruído dixital ou pixeis vermellos, son uns pequenos grans vermellos moi intensos, que se forman no fondo da imaxe. Os factores que contribúen a que isto suceda son o tamaño do sensor e cando se fan fotografías co valor ISO moi alto e cun tempo de exposición bastante longo debido ás imperfeccións do sensor.

O Encadre

Unha tendencia de certos fotógrafos é centrar todos os motivos e buscar unha simetría total na toma. Isto, que parece estar dentro da lóxica, é grave erro fotográfico. A percepción humana non é lóxica; réxese por unha serie de fundamentos entre os cales a afirmación «canto máis centrado mellor» non ten un oco especialmente importante. Pero en realidade o encadre e a composición idóneos seguen unha regra fundamental, a chamada regra dos terzos. consiste en dividir a imaxe en tres terzos imaxinarios horizontais e verticais. Os catro puntos de intersección destas liñas fixan os puntos adecuados para situar o punto ou puntos de interese da foto, afastando este do centro da fotografía.
Cada un destes catro puntos de intersección denomínanse puntos fortes. Cando esteamos a facer unha foto, se só existe un único punto de interese, é preferible situalo nun dos catro puntos de intersección mencionados en lugar de facelo directamente no centro da foto.

Flash
dsc0860Cando a luz ambiental é escasa, hai que recorrer a unha exposición longa e colocar a cámara sobre un trípode, así evitaremos correr o risco dun efecto movido imprevisto.

Outra opción é utilizar un flash. Non obstante, un coñecemento demasiado superficial do seu uso pode ocasionar que, aínda que consigamos luz abondo, o fagamos sen reparar nos múltiples detalles que este aparato require coñecer, detalles que influirán sen dúbida noutros aspectos da calidade da foto.

Formatos RAW e JPG


dsc00837RAW
é un formato de arquivo dixital de imaxes que contén a totalidade dos datos da imaxe tal como foi captada polo sensor dixital da cámara fotográfica.

O formato jpg trátase dun formato comprimido cunha perda de calidade moi difícil de percibir e permite almacenar unha cantidade de imaxes considerable.

Inicio Cámaras Equipo Reglas de ouro Técnicas Trucos Laboratorio Dixital Fotos