Cultivar amorodos

MedidoresA planta do amorodo é de tipo herbáceo perenne e estoloníferas da familia das rosáceas, que producen brotes novos cada ano.
Cultivar amorodos resulta moi doado e permitiranos gozar duns froitos moito máis saborosos que os que podemos adquirir en calquera establecemento.
Os amorodos prefiren crecer en chans areentos ricos en humus, pero poden crecer en calquera terreo mentres estean ben drenados. O amorodo é un cultivo moi esixente tanto nas cantidades de auga, moi repartidas e suficientes ao longo do cultivo, coma na calidade que presente esta.

Para a plantación empezamos preparando o terreo, removendo a terra e abonando ben con abono orgánico, despois cóbrese con manta anti hervas, e montamos o invernadoiro sobre unhas travesas de madeira tratada, logo empezamos a facer buratos a uns 30 cm.  cun plantador manual para inserir as plantas novas. Isto debe facerse a finais de febreiro, principios de marzo e coa lúa en fase minguante. Cultivar en invernadoiro non só son máis doados de manexar os amorodos, senón que non son susceptibles ás pragas de insectos ou danos debidos a cambios de temperatura.

Interior vacio Plantador Semilleiro e plantación

Para obter unha rica colleita é imprescindible abonar ben. Durante a primavera, verán e outono, en función do ritmo de crecemento da planta, podemos aplicar un abono orgánico como granulado de esterco seco ou guano liquido. Media culleriña de café por planta cada 15 ou 20 días será suficiente. Deberemos ter coidado de non nos exceder, xa que son abonos moi fortes. É importante manter un nivel de humidade constante no chan, o amorodo é moi esixente tanto nas cantidades de auga, moi repartidas e suficientes ao longo do cultivo, como na calidade que presente esta, canto máis pura sexa a auga mellor.

Despois da primeira colleita xa podemos conseguir os estolons que se desenvolven na planta para proceder á súa plantación estas ramificacións que xermolan da planta similares a talos, ao final deste talo aparecen unhas pequenas follas que son as que debemos poñer en testos individuais con terra para que enraícen nela e transplantar posteriormente, cando estas raíces estean ben arraigadas á terra, o talo que procede da planta nai córtase para que creza individualmente.
Tamén podemos cultivar mediante substrato de Hidro Control en soporte suspendido en tubo de 160 mm. de diámetro Taladrado con buratos de 72 mm cada 25 cm.

Os amorodos son duradeiros e continuarán producindo amorodos ano tras ano, polo menos durante 5 anos antes de que teñamos que cambialas.

Interior en flor DSCN5348