Cervexa

Realizar cervexa na casa é un xeito doado e divertido de gozar dunha verdadeira cervexa natural e unha alternativa ás cervexas industriais tradicionais.
Deixa de ser un simple consumidor… Elabora a túa propia cervexa!!

Os ingredientes básicos son: auga, cebada malteada, lúpulo e fermento.

O primeiro e máis importante é a limpeza de cada un dos utensilios que van estar en contacto coa cervexa. E despois poñemos a quentar 20 cl de auga 15 minutos, botámola nun vaso e deixámola ata que se arrefríe a 27ºC, espolvoreamos o fermento, tapámola e esperamos a que entre en actividade, mentres cocemos e arrefriamos o malte (nunha pota poñemos a ferver 5 litros de auga e introducimos na auga dous latas de malte durante 15 minutos, cando a auga empece a ferver, quitámola do lume e envorcamos noutra pota a metade de auga fervendo. Abrimos as latas de malte e cunha culler mesturamos o contido das latas na metade de auga fervendo, removemos ata que este totalmente disolta e volvemos poñer a pota ao lume durante 10 minutos sen deixar de remover, para evitar que se nos pegue. Enchemos coa auga que deixamos na outra pota as latas de malte, poñemos nunha delas a bolsa perforada de lúpulo e esperamos 15 minutos. Sacamos a bolsa e engadimos a auga das latas á pota onde está a cocer o malte).

DSCN5162Nun deposito con auga fría e xeo poñemos a pota de mosto, mentras arrefría podemos remover o mosto. Logo envorcamos o contido da pota no cubo de fermentación dende certa altura procurando que se airee ben. A continuación encheremos de auga limpa o cubo de fermentación ata a marca dos 23 litros e coa espátula osixenadora, removerémolo vigorosamente durante uns minutos, ata comprobar que a mestura é homoxénea. Cando á temperatura baixe de20ºC, engadimos o fermento e coa espátula osixenadola, removemos durante 10 minutos, co densímetro comprobamos a densidade, ten que estar aproximadamente na marca de 40, pechamos a tapa do cubo de fermentación e deixámolo na adega a unha temperatura entre 12 -18ªC. Aos 6-8 días cando a fermentación remate, a cervexa estará lista para ser embotellada.

Unha vez embotellada, a nosa cervexa ao non estar pasteurizada, mellorará co paso do tempo. Gañará en complexidade e equilibrio de sabores. Durante o embotellado, deixar repousar as botellas en vertical uns 14 días para a súa carbonatación a uns 25ºC. Despois para a súa maduración deixalo a temperatura mais frita (12-15ºC). Normalmente ao mes de ser embotelladas pode beber a cervexa, pero recoméndase esperar de 2-6 meses dependendo do tipo de cervexa.

CervexaA cervexa mellorará co tempo e alcanzará a súa máxima calidade ao ano. Recoméndase utilizar botellas de cervexas marrons e almacenalas nun lugar fresco e escuro. A luz directa e os tubos fluorescentes produce nas cervexas sabores e olores desagradables.
Se se embotella en barril recoméndase 6 meses máximo de almacenamento.

Cervexa en kit

Os kits de cerTazavexa son o xeito máis sinxelo de elaborar a túa propia cervexa caseira. Trátanse duns concentrados lupulizados que foron deshidratados e que están en forma de xarope moi viscoso.

Receita para fermentar 23 litros.

– Esteriliza o teu fermentador e axitador
– Coloca a lata en auga quente 5 minutos para abrandar os contidos. L
ogo comeza a ferver 3.5 litros (6 pintas UK) de auga
– Abre a lata e baleira os contidos no teu fermentador limpo e esterilizado
– Engade a auga fervendo ao fermentador e engade 1 kg (2.2 libras) de azucre (preferiblemente azucre para fermentar)
– Mestura minuciosa e exhaustivamente os contidos do fermentador e disolve o azucre e o extracto de malte.
– Engade 17.5 litros (31 pintas) de auga fría para elevar o volume a 5 galóns UK e mestura ben.
– Esparexe o fermento proporcionado na superficie da cervexa (sen necesidade de remover)
– Cobre o fermentador, e emprázao nun lugar cálido a 18-21ºC (65-70ºF) e deixa que fermente.
– A fermentación estará completa cando deixen de subir burbullas (habitualmente, tras 4-6 días), ou se usas un hidrómetro, unha vez a gravidade mantéñase constante e por debaixo de 1008º
– Transvasa a cervexa a botellas fortes ou a un barril de presión. Ten coidado de non alterar/enturbar o sedimento do fermento e de usar soamente botellas retornables.
– Engade mDSCN6188edia culleriña de azucre por pinta (NdT: 0.568 l) a cada botella, ou un máximo de 85 gr por barril de 5 galóns UK (NdT 22.73 L)
– Tapa e sela as botellas de forma segura e deixa repousar as botellas ou o barril de
presión nun lugar cálido durante dous días máis
– Finalmente, move as botellas ou o barril a un lugar fresco durante 14 días, ou ata que a cervexa se aclare, antes de beber.

 

Inicio Licores  Combinados Receitas     Outros  Sidra Viño Cervexa Vinagre