Gimp

gimp3

Gimp é un programa de retoque fotográfico profesional procedente da plataforma linux e, por iso está baixo a licenza de uso GPL. Foi desenvolvido como unha ferramenta libre para traballar con imaxes e converteuse nunha alternativa a Photoshop para gran número de usos. Moitos compárano como o photoshop gratis «open source» que corre en calquera plataforma Linux, Mac e Windows. É moi livián e conta con miles de plugins listos para descargar.
Podes ver o manual aquí: http://docs.gimp.org/2.8/es/index.html
Facer fotos dixitais é doado, que sexan boas xa non tanto. Ou si? Non sempre tes tempo para localizar a mellor posición, porque tes que disparar antes de que desapareza a oportunidade dese momento máxico, ou esa instantánea que é irrepetible pero que, coas présas saíu demasiado saturada, un pouco escura, clara, fáltalle cor, as cores saíron apagados. Non hai problema coa axuda de GIMP remédianse todos estes males.
Web oficial  http://www.gimp.org.es/

Convertir unha foto en dibujo

dsc01330En Gimp abrimos a imaxe, duplicamos a capa, imos a Cores->desaturar, para deixar a imaxe en escala de grises. Temos que facelo sobre a capa «copia fondo».
Unha vez desaturada volvemos duplicar a capa. Logo imos ao menú Cores ->Invertir. Facémolo sobre a capa «Copia de copia fondo.
Despois modificamos o modo de fusión de capa e cambiámolo a Dividir. Agora aplicamos un desenfoque gaussiano Filtros -> Desenfoque (blur) -> Desenfoque gaussiano. Modificando os valores do desenfoque podemos adaptalo ao noso gusto.
Imos modificar os niveis no menú Cores -> Niveis, e despois o brillo e contraste no menú Cores -> Brillo e contraste, para resaltar máis liñas negras.
Unha vez obtido o resultado desexado combinamos as 2 capas de B/N nunha soa facendo co botón dereito clic na de arriba e seleccionando Combinar cara a abaixo e listo.

O tampón de clonar

gimp2A miúdo acontece que unha fotografía perde parte do seu encanto pola presenza na escena dun elemento non desexado: os cables da luz, unha persoa ou unha mouta de po no sensor da cámara. Para solucionar este problema podemos utilizar o tampón de clonar de Gimp. Tamén se pode utilizar para superpoñer unha imaxe sobre outra.
O seu manexo é simple: hai que definir primeiro un punto de orixe, ou o que é o mesmo, tomar unha mostra cun clic do rato e a tecla Ctrl pulsada.
Despois trázase sobre o lugar da imaxe onde queremos depositar a cor, o pincel vai replicando a información da mostra, que un segundo cursor paralelo vai «lendo» a partir do punto de orixe.

Instalar o Tema de Photoshop en GIMP

Se che gusta a estética de Photoshop ou se estas familiarizado co manexo deste e desexas utilizar GIMP, este tema é ideal para que te sintas máis a gusto e non teñan que adaptarse ao deseño deste último. Desde a consola tecleamos:  sh -c «$(curl -fsSL https://raw.githubusercontent.com/doctormo/GimpPs/master/tools/install.sh)»
Ademais, con este tema poderán utilizar os atallos de teclado de Photoshop sen ningún problema.

Como personalizar as cores de GIMP

 

Para personalizar as cores de GIMP teremos que instalar os GIMP Flat Themes.
Para iso tecleamos na terminal os seguintes comandos:

cd && wget -O flat-themes.tar.gz http://drive.noobslab.com/data/themes/gimp/flat-themes.tar.gz
tar xzvf flat-themes.tar.gz && cd flat-themes
sudo mv * /usr/share/gimp/2.*/themes/ && cd .. && rm -r flat*

Tutorial de Gimp para novatos por J.A. Miralles Puignau