Rego por goteo

O rego por goteo supón un importante aforro de auga xa que sae gota a gota e pasa directamente ao chan, apenas se perde auga por evaporación, realiza unha achega de auga máis constante (pouca cantidade pero regos máis xuntos), o que reduce o estrés hídrico que poden sufrir as plantas por diferenzas na cantidade de auga dispoñible na zona das raíces.

UTILIZACIÓN
As normas que se dan son xerais e orientativas.
Sebes e cultivos hortícolas: Separación entre goteiros de 40 a 50 cms.
Roseiras e arbustos: 1 ou 2 goteiros a pé de planta en bordos da súa sombra
Froiteiros ou arbores ornamentais dependendo da súa idade, necesitaranse 2, 4, 8, etc. goteiros. Xardineiras e macetas. Situar os goteiros de 25 a 30 cms. De distancia, procurando que os goteiros externos estean separados uns 10-15 cms. Do bordo da xardineira. Macetas un goteiro será suficiente.

MULTIGOTEO
É un sistema de rego tapado, a escasa profundidade cun tubo de caucho poroso que exsuda auga estando baixo terra, onde actúa como mecha durante o paso da auga. A acción capilar do chan aspira auga da canalización polos seus poros, e estes péchanse por contracción cando empapan o terreo circundante non necesitado de máis auga.
Ao tratarse dun rego tapado, non se perde auga por evaporación. Funciona a baixa presión (entre 0,2 e 0,7 Atm. /kg.. cm2) practicamente por gravidade e abondando que a canalización estea chea durante o rego. Sendo a súa instalación apropiada dentro dunha roza de 10 a 15 cms.

GOTEIROS
Nas canalizacións de condución (16 mm.) portagoteiros ou de multigoteo, practicar orificio con sacabocados. Inserir conexión micro con microtubos (4 mm.). Alongar ata alcanzar a planta, conectando a continuación o goteiro ou goteiros.

Accesorios necesarios.
Tubería porosa, tubo de 16mm. perforado, tubo de 16mm., tubo de 4mm., reductor de presión, filtro, conexión rosta macho e femia de 3/4 a 16mm., te de 16mm., codos de 16mm, tapón de 16mm., Enlaces de 4 mm con abrazadeira, enlaces recto de 4mm., cruzes de 4mm., tes de 4mm., codos de 4mm., enlaces de 4mm., tapons de 4mm., goteiros autocompensantes e goteiros regulables.

DSCN6211 DSCN6210 DSCN6212