Calendario de cultivo

XANEIRO: Na lúa minguante sementaranse os allos, ademais dos tirabequees, tamén se plantarán os repolos.

FEBREIRO: No minguante pódanse as parras, maceiras, pereiras … e tamén se poden sementar unhas patacas de cedo

MARZO: Plantamos repolos, coliflor, coles, espinacas, cebolas… No invernadoiro xa se poden plantar pementos e tomates.

ABRIL: Na lúa minguante plantamos as patacas, trasplantanse os sementeiros de tomates, pementos, sandias, melons, pepinillos, calabacín

MAIO: Seméntanse as fabas de Lourenza e as xudías. No referente ás parras cando empezan a florecer empézanse a aplicar as primeiras mans de xofre e cobre.

XUÑO: En San Pedro antes de que salga o sol recollemos os allos, para que non entren na familia as bruxas durante o résto ano. J

XULLO: Aplicaráselle a última man de sulfato e xofre ás uvas. Na última semana do mes cortaranse os fillos das parras que sobresaen para favorecer o crecemento e maduración dos acios.

AGOSTO: No minguante de agosto arrincaremos as cebolas, unha vez este a rama seca.

SETEMBRO: Sementamos os nabos e tamén se recollen as patacas e as cenorias. Sementamos as cebolas e os repolos que trasplantaremos en marzo.

OUTUBRO: No minguante podamos as roseiras.

NOVEMBRO E DECEMBRO: No minguante podemos sementar os allos e tamén sementar nos sementeiros tomates e pementos en invernadoiro.